luns, 20 de febreiro de 2017



O domingo non da para moito, unha pode remolonear na cama e desquitar o sono atrasado da semana, tomar o café sin presa, enterarse de como sigue o mundo do revés polas noticias e despóis deixar que o tempo se deteña diante dun lenzo. Pero o tempo non se detén, sigue implacable o seu curso e apenas comezo a comprender o que intento buscar nese lenzo xa finou o domingo.
Duvido que resolva axiña as miñas duvidas, entre semana o tempo queda mais cutre, pero quen sabe si nun intre de lucidez podería resolvelo todo. Quen dixo medo...

Ningún comentario:

Publicar un comentario