domingo, 26 de febreiro de 2017

O luns é outro día



Pasou a semana veloz, fuxe o tempo que da medo. E conforme avanzo mais se demora o labor. Non levando un plantexamento claro dende un principio a obra semella estar viva, as uvas maduran e nacen mais follas que medran e medran amenazando con cubrir a figura e parte do rostro.
Non sei o que lle queda por facer, de retocar bastante, muito. Queda en repouso ata o luns ,neste intre o que me urxe e apartalo da vista, saír a dar unha boa camiñata,variar de paisaxe.
Está un tarde aventada, idónea para que circulen as ideas



Ningún comentario:

Publicar un comentario