venres, 10 de febreiro de 2017

Actitude



Nunca puden levar flores a ese lugar inhabitado, pinteinas na túa memoria. Tiñan que ser horténsias, como as que pintaba naquelas tardes, como as que rodeaban os anchos muros de pedra.
Días de maxia, onde o silencio só era interrumpido polo canto dos paxaros, naquela casa, de ventanas pequenas, estancias amplas.
Unha maestra pode transmitir moitos coñecementos, pode ensinar as mellores técnicas, ti, Adoración Granda, ibas mais alá, transmitías a actitude serena de estar, de esquecer o resto do mundo para afrontar unha obra. Dende o principio ata o seu remate.
Nunca me quedo con fechas, sei que hai moitos anos, que foi prematura a túa morte e que detuvo esa evolución imparable na túa obra. Quen sabe si se cumpliría esa ilusión que había en ti por pintar como Velázquez, penso que sí, estabas aproximándote moito, tanto, que non duvido de que sería un feito ou millor que eso, seguirías pintando obras maravillosas como Adoración Granda. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario