Amosando publicacións coa etiqueta Aracne. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aracne. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de maio de 2017

Os soños de Aracne



Ao abeiro da noite rescataba as bolboretas que agonizaban nos seus tecidos. Aquel voar fornecía de cores os seus soños.  


domingo, 2 de abril de 2017

Condenada


A verdade é que non acostumo a volver a un debuxo cando o dou por rematado pero co mito de Aracne ando a indagar o que me pode ensinar ou dar de sí o tema, así que me decidín a continualo, total non tiña nada que perder.

domingo, 12 de marzo de 2017

Mudar


Naide sabe cando se transforma pero vai percibindo como se modifican os sentidos. Os arumes chegan mais intensos, as ondas do son multiplícanse, os sabores son mais antoxadizos, a ollada amplía o seu campo de visión e non hai segredos para adiviñar as mais ricas texturas.



Aracne tece os fermosos encaixes de gotas de orballo que penduran das ramas translucindo as cores e o sol de marzo. 




                                                    

domingo, 5 de marzo de 2017

A resistencia de Aracne


 Adoitaba a tecer sen tregua nos lugares máis recónditos da terra e tuveron de pasar moitos días con todas as súas noites para que o tecido de Aracne fose adquirindo aquela resistencia contra a que nada poderían a dureza das coriscadas, a ferocidade do vento ou a insistencia das choivas