Esta tarde están baixas as nubes
e é a cor do mar como a da cinza.
Os berros salvaxes das gaivotas
semellan coiteladas
que fan escoar o corazón da tarde.
Hai quen trabuca doadamente
a mensura do mar coa inmensidade.
Eu de min só sei dicir
que o mar comeza no meu sangue.
O que non sei
é se o mar caberá na miña alma.
Manuel María
E esa sangue da que fala o poema que queda reflexado no cadro. Ese neno de mirada perdida, nostálxico quizais, querendo atrapar as marabillas do mar, a súa riqueza e esperando tamén que caiban na súa alma baixo a mirada protectora da nai.
ResponderEliminarFermoso cadro e fermoso tamén o poema.
* Robeiche para o meu blog o cadro da serea. Se prefires que a quite fareino.
BIQUIÑOS BALBI.
Podes dispoñer dos traballos que queiras. Para min e todo un honor.
ResponderEliminarGracias pola tua xenerosidade.
Bicos
Ets pintora! De vegades em diuen dibuixant, no ho sóc pas. Jo vull ser pintor. Salut i llibertat, amiga pintora!
ResponderEliminarPois algo deso hai, a orixe desta imaxe foi unha mancha de pintura.
EliminarSaúde amigo pintor, admiro moito a túa pintura
Enmig de les aigües.
ResponderEliminarSí "o mar caberá na tua alma". Bicos.
E que seríamos sen auga, sen mar
ResponderEliminarSaúdos dende esta choiva que hoxe cae maina sobre o mar.
Petons