Naide sabe cando se transforma pero vai percibindo como se modifican os sentidos. Os arumes chegan mais intensos, as ondas do son multiplícanse, os sabores son mais antoxadizos, a ollada amplía o seu campo de visión e non hai segredos para adiviñar as mais ricas texturas.
Aracne tece os fermosos encaixes de gotas de orballo que penduran das ramas translucindo as cores e o sol de marzo.