sábado, 17 de decembro de 2016

a paga dos domingos


Na tarde do domingo o abó dende aquela mesa alta azulexada pronunciaba con voz anasada "o que non chora non mama", e os dezanove netos en fila extendíamos a man con cara de choromicas por ver si caía algunha moneda máis para os caramelos da cantina do Marinero.
Puxera fin a aquela terríbel letanía dominical o padriño, o bilbauino, cando nos deixaba colar na cabina onde montaba o filme para proxectar, daquela podiamos ver a peli e  comprar os caramelos sin necesidade de chorar para soñar, o padriño abríanos a porta da maxia e da ilusión, él que non tiña un peso pero tiña a chave das nosas sonrisas e do ceo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario