mércores, 14 de decembro de 2016

pombas








2 comentarios:

  1. Xa sabes que me encantan os teus cadros. Son fermosos, pero una cousa que me impresiona moito é que trasmites moi ben con eles, eu podo ver as emocións das persoas que pintas, os seus anhelos, neste caso ese agarimo co que a rapaza colle a pomba, como eu cando acariño o meu gatiño. E penso que é moi difícil, xa non só saber pintar, senon saber comunicar os sentimentos coa pintura.
    moitos bicos.

    ResponderEliminar
  2. A figura que non se quita a máscara agocha a súa escura intención e vende pombas para unha paz de mentira, que non existe. A muller que acolle a pomba nun escorzo ampara a fraxilidade desa pomba, a fraxilidade da paz.
    Moito me presta o receptiva que eres cando miras estes traballos, non é extraño porque ti a través das túas letras traduces e plasmas todo un mundo de sentimentos e emocións.
    O dibuxo e a pintura non é difícil, o complicado é facer algo do que realmente nos sintamos satisfeitos pero tal vez iso mesmo, por esa insatisfacción seguimos nesa busca que nunca remata.
    Bicos, Mariola

    ResponderEliminar