sábado, 29 de abril de 2017

O mar borra as pegadas


Naide atopará as miñas pegadas na neve, aqueles sabañóns que escocián nos dedos fixeronme fuxir dela. Nin me atoparán nas pozas que deixa a choiva que non seducen andares descalzos.

Quero mollalos na auga salgada que lame os pes, camiñar sobre a dureza das rochas ou na textura morna, esbaradiza, das algas. E porqué non, quero cumplir ise desexo sublime de  patear as ruinas dos castelos de area antes de abandonar a plaia.
Quero transitar ao fin a construcción firme dos meus pasos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario