Avenida atlántica
Agardo a vinganza do mar.
O mar volvéndose con ollos de tolo cara terra.
O mar burbullando no oco negro dos sartegos.
O mar chamando ás portas da cidade.
O mar cos beizos secos.
O mar percorrendo a distancia dun puño.
O mar só como un solo de jazz.
Un paxaro cego.
Un cabalo axul a beber nos espellos.
O mar.
Afogando o meu corazón, un peixe abisal,
eléctrico e antigo.
Levándome como un animal durmido na area.
Lonxe de vós, contra vós, o mar.
Manuel Rivas
O mar sempre tan intenso e inmenso
ResponderEliminarSempre, por iso o mar non ten portas.
ResponderEliminarGrazas e un saúdo, anónimo galego