sábado, 15 de xullo de 2017

A Fonte do cadafalso



¿Como ía sospeitar a serpe que provocaría tanto revuelo na vila a súa humilde presencia?. 
Era un día soleado para explorar un pouco mais alá do territorio. Deixando escorregar o corpo sinuoso polo monte abaixo, de contado, mergullou toda a súa lonxitude na auga daquel regato e tan docemente era levada que case queda durmida. ¿Durmeu? ¿ou foi aquela escuridade que lle venceu a ollada?
Agora non vía nada, todo era unha luz blanca que a cegaba, o son da auga quedaba amortiguado por un feroz bruído de voces. ¿Que era o que lle impedía desplazarse? Non acertaba a saber si as sombras difusas que a perseguían eran as follas guiadas do vento ou a tortura infame dun pesadelo.

A fonte era abondo misteriosa e agora engade un novo encanto coa historia da serpe. Contan que os veciños máis asustadizos non volveron a beber na fonte e que as nais privan dela aos nenos sedentos que saen da escola. 
As fontes teñen encanto, a Fonte do cadafalso ten, ademáis, unha espilida visitadora. 







2 comentarios:

  1. M'encanta el teu bloc...!
    Una abraçada catalana !

    ResponderEliminar
  2. Grazas pola túa estima que me da novos folgos para continuar amosando as pequenas cousas que bulen no maxín.

    Un apreixo galego!

    ResponderEliminar