mércores, 19 de xullo de 2017
O gurgullo da fonte
Aínda non sei para que…
Ten de haber por ahí xente
á que lle sobre un pouco de tempo da súa vida,
e podería darmo a min, que esgoto o meu
deitado na miña sede, a carón da area quente
e do esquelete do cervo que coidaba
que ao norde había fontes de auga fresca.
Os meus ollos xa non saben distinguir un arbre no outono
dunha muller que se ergue do chan
despoixas de ter parido un neno louro
e o levanta sober da súa cabeza.
Non diferencio as falas nin os ventos
e teño xa esquencido o colo da miña nai
e a Katty, á que biquei nunha orella e chorou.
Morrendo, pido unha esmola de tempo
aínda que non sei para que…
Álvaro Cunqueiro
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Aínda non sei para que...Precioso poema de Cunqueiro.
ResponderEliminarEncántame a palabra "gurgullo".Xa invita a beber desa fonte de augas azuis e frescas. Ese neno espido coa súa inocencia bebendo desa auga fría con eses globiños tan ben feitiños.
biquiños balbi.
Que non nos falten estas fontes tan fermosas que atopamos en cada recuncho da nosa xeografía.
ResponderEliminarA maxia de Cunqueiro sempre engaiolante, mergullar na súa palabra como nunha fonte.
Alégrome de saudarte Mariola, Bicos